Apalpador, Apalpa-barrigas ou Pandigueiro son os nomes cos que se coñece a un personaxe da mitoloxía galega que, segundo indica a tradición, baixaba cada ano das montañas na noite do 24 de decembro ou do 31 de decembro (dependendo das zonas) para visitar aos nenos e comprobar, apalpándolles o ventre, se estaban ou non ben alimentados. A esta noite os nosos antergos chamábana "noite de apalpadoiro".
A lenda di que o Apalpador é un home ancián e xigante, de longas barbas e de profesión carboeiro. Cando notaba que un neno comera dabondo, deixáballe unha presa de castañas e dicíalle: "Así, así esteas todo o ano". Se a barriga non estaba chea, non lle dicía nada, pero deixáballe as castañas igualmente.
Chegaron ata nós algunhas cantigas populares nas que aparece esta figura.
O grupo Malvela versionou unha delas para o público infantil:
O traballo de recuperación deste ser mítico comezou no ano 2006, utilizándose para a súa difusión unha representación deste personaxe debuxada polo artista galego Leandro Lamas:
Este é un LIM con actividades interactivas sobre o Apalpador




No hay comentarios:
Publicar un comentario