Outro elemento típico orixinario de Alemania é a árbore de Nadal (costume hoxe estendido por toda Europa). Adoita escollerse un abeto e decoralo con estrelas, bolas, lazos, cintas, luces, etc. Baixo el se colocan os agasallos.
Nos países nórdicos é típica a tradición do aguinaldo (agasallo). Grupos de nenos e nenas recorrían as casas veciñas cantando panxoliñas, usando como instrumentos musicais pandeiretas, zambombas, cunchas ou botellas baleiras con relevos. A cambio recibían algún doce típico. Este costume chegou tamén a outros países europeos, como o noso.
España: Unha tradición propiamente española é a de tomar 12 uvas en Noitevella (31 de decembro), acompañando as 12 badaladas que anuncian o cambio de ano. Esta tradición remóntase a unha excelente colleita a principios do s. XX que xerou moito excedente.
En Colombia hoxe pervive a tradición de queimar no Ano Vello - xusto ás 12 da noite - uns bonecos de papel e tea recheos de serraduras e pólvora; costume traída desde Europa. Antes de queimalos lese un "testamento". Esto conecta con outros costumes nosos como a queima do Meco no Entroido ou as Fallas valencianas (aínda que se celebren en distintas datas).





No hay comentarios:
Publicar un comentario