viernes, 25 de noviembre de 2016

Decoración de Nadal. 1º

No edificio no que se atopan as aulas de E. Infantil e 1º de E. Primaria imos montar entre todos/as unha "Árbore de Nadal".

Os dous últimos días nas clases de E. Artística os/as nenos/as de 1º estiveron elaborando diferentes adornos para a nosa árbore con cartolinas de cores (estrelas, corazóns e bólas) empregando uns patróns de cartón como modelo e tesoiras. Tamén pintaron con témpera verde e marrón moitos cartóns cilíndricos de rollos de papel hixiénico e con témpera azul escura o cartón que servirá de base para a árbore.

       
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario