viernes, 3 de marzo de 2017

Taumatropos. 1º.

Taumatropo significa "movemento máxico".

taumatropo é un xoguete óptico que se inventou para poder demostrar a permanencia das imaxes que vemos no noso ollo.

Consiste nun disco con dúas imaxes diferentes - pero complementarias -  en cada cara e un trozo de corda a cada lado do disco. 

Ao estirar a corda, o disco xira e vai cambiando dunha cara a outra rapidamente, o que provoca a ilusión óptica de ver as dúas imaxes complementadas nunha soa.

Trátase dun artiluxio moi antigo. En 2012 encontráronse pezas prehistóricas nas Covas de Chauvet (sur de Francia) moi similares a un taumátropo.


Taumatropo prehistórico

Aquí podemos ver xirar algúns dos nosos:


    

                 

                 

No hay comentarios:

Publicar un comentario