miércoles, 19 de octubre de 2016

Proxecto Bibliomacín: "MACIOLIMPIADAS. As olimpiadas de Maciñeira". Lanzamento de peso. 1º

O Mago Macín escribiunos de novo para agradecernos as nosas respostas e comunicarnos o deporte que escolleu para a nosa clase.

Durante os últimos días estivemos a elaborar unha bandeira que representase ao grupo de Primeiro nas nosas particulares "Olimpiadas de Maciñeira". 

A nosa bandeira ten diferentes elementos e cores que resumen o espírito olímpico:

  • Os cinco aros entrelazados de cores azul, negra, vermella, amarela e verde; que simbolizan os cinco continentes.
  • Unha silueta dun/ha lanzador/a de peso dentro de cada aro, que fan referencia a cinco momentos distintos do lanzamento (por ser o deporte co que imos participar).
  • A cor violeta de fondo, que representa a igualdade entre persoas. 
  • Un lema -relacionado precisamente co noso deporte- que nos invita a dar o mellor de nós e superarnos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario