O día 10 de outubro o Mago Macín enviou unha carta aos nenos e nenas de 1º preguntándolles:
"Que son para ti as Olimpiadas?"
Na aula fixemos unha choiva de ideas onde cadaquén expresou a súa visión.
Aquí podemos ver o que pensan os/as nosos/as rapaces/zas deste evento deportivo:
O Mago Macín escolleu para a nosa clase o deporte "lanzamento de peso" ou "lanzamento de bala". Durante os próximos días traballaremos sobre a orixe deste deporte, o material necesario, as súas regras...
Aquí deixamos uns vídeos explicativos sobre a orixe e a evolución histórica das Olimpiadas:
E estes outros son uns vídeos sobre o deporte que nos tocou, "lanzamento de peso", que tamén practicaremos nas clases de Educación Física:



No hay comentarios:
Publicar un comentario