Estamos a preparar a visita ao noso Concello e
ao muíño “Do Cubo”a pé dende o colexio, que nos permitirá coñecer máis cousas
sobre a nosa vila. En googlemaps estivemos a ver a ruta cos diferentes puntos
polos que pasaremos. Xa en formato papel estamos a aprender a situarnos en
diferentes mapas e planos. Xogamos a familiarizarnos coas coordenadas dun plano
de xeito lúdico:situamosos lugares donde vivimos, ríos e montes,
pontes...,ademáis de coñecer algo de historia da nosa vila.


No hay comentarios:
Publicar un comentario