jueves, 19 de septiembre de 2019

Señas de identidade do noso pobo


A NOSA LINGUA: O GALEGO
O galego é o idioma propio de Galicia, creado pola comunidade de falantes ao longo dos séculos, froito da mestura do latín dos romanos coas linguas autóctonas que xa falaban os celtas e íberos que habitaban esta terra.

Durante moitos séculos o galego e o portugués foron a mesma lingua.

O galego fálase en Galicia, pero non só aquí. Tamén é unha lingua falada noutras zonas de España, Europa e América, é dicir, alí onde os galegos emigraron e formaron comunidades.

Como curiosidade, en tres municipios de Cáceres (Estremadura) fálase, xunto co castelán, unha variedade de “galego-portugués” ao que lle chaman “a fala”.
Cada zona de Galicia ten unha forma característica de falar galego. A entoación, a gheada, o seseo, a forma de facer os plurais ou de pronunciar o “n”, por exemplo, diferencian o galego dunhas zonas e doutras.

O galego, o castelán, o catalán, o valenciano, o francés, o portugués, o italiano, o romanés, etc. son linguas irmás, pois todas elas derivan do latín. Coñecer unhas axúdanos moito a coñecer outras porque se parecen (as palabras teñen raíces comúns).

NOMES DE LUGARES, PERSOAS E APELIDOS
Nomes coma Iria, Antía, Roi, Xián, Sabela, Brais...; topónimos como O Seixo,  ou apelidos como Souto, Pena, Castro, Couceiro, etc.

ARQUITECTURA
  • Mámoas (dolmens): monumentos funerarios prehistóricos.
  • Castro: Poboado celta composto de varias vivendas de base circular en zonas altas fortificadas (amuralladas).
  • Hórreos, canastros ou cabazos: Graneiros para almacenar alimentos (agrícolas ou pesqueiros). 
  • Pazo: Casa señorial de campo.

Pinchando neste enlace atoparás os castros da comarca de Ferrolterra:
CATÁLOGO DE CASTROS

MANIFESTACIÓNS ARTÍSTICAS
  • Petróglifos: debuxos prehistóricos gravados en pedra.
  • Danzas (a muiñeira, a xota galega, bailes de Entroido, bailes dos Maios...).
  • Traxes rexionais. 
  • Cantigas propias (panxoliñas de Nadal, coplas, etc.)
  • Instrumentos (gaita, pandeiro, pandeireta, cunchas de vieira...).
  • Forma característica de canto (cantareiras, aturuxo...).
  • Refráns e ditos.
  • Encaixe de bolillos ou palillos (palilleiras).

MANIFESTACIÓNS RELIXIOSAS
  • Romarías (viaxes a pé, en carro, a cabalo... cara a unha ermida e posterior reunión para comer, bailar, conversar...)
  • Peregrinacións a santuarios (San Andrés de Teixido, Camiño de Santiago...).

GASTRONOMÍA
Receitas propias coma o polbo á feira ou á mugardesa, cocido galego (lacón con grelos), caldo, filloas, orellas, empanadas, callos con garavanzos, pementos de Padrón, roxóns, tarta de Santiago, etc.

TRADICIÓNS
  •  Xogos populares (buxaina, birlos...).
  • A rapa das bestas, a festa da malla.
  • Samaín / Magosto.
  • Entroidos propios de cada zona (peliqueiros de Laza, cigarróns de Verín, pantallas de Xinzo de Limia, xenerais e correos do Ulla, boteiros de Viana do Bolo, volantes de Chantada, madamas e galáns de Cobres, o oso de Salcedo, os felos de Maceda, o xuízo do Meco, o enterro da sardiña, etc.)
  • Alfombras florais
  • Maios
  • Fogueiras de San Xoán.

MITOS, CONTOS E LENDAS
  • Meigas
  • Apalpador
  • Trasnos
  • Mouros e mouras
  • A Santa Compaña
  • Lobishome
  • Alicornio
  • Biosbardos
  • Ninfas mariñas coma A Maruxaina. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario