sábado, 6 de mayo de 2017

Os disfraces dos animais. 1º


A apariencia dos animais axúdaos a camuflarse mellor no seu medio ou ben para defenderse dos depredadores ou ben para cazar ás súas presas sen ser detectados.

Hai moitos animais que cambian de forma e cor, polo que resulta difícil distinguilos a simple vista. 

raposo polar (mamífero) cambia a cor da súa pelaxe dependendo das estacións. No inverno o seu pelo é branco coma a neve do seu medio; pero cando chega o bo tempo vólvese de cor escura como as rochas para agacharse mellor entre elas. Outro animal que se camufla aínda con máis rapidez é o camaleón (réptil), pois a súa pel adquire o mesmo ton ca o lugar onde está pousado (verde, amarelo, vermello ou incluso negro!).

Algúns insectos, como a barbantesa, adoptan forma de flor para atraer a outros insectos dos que se alimenta.



                

                

No hay comentarios:

Publicar un comentario