domingo, 2 de abril de 2017

Torre de Hércules (A Coruña). 1º e 2º.

Conta a lenda que hai moitos anos existiu un malvado xigante chamado XERIÓN que tiña atemorizados aos habitantes do lugar. 

Non lle bastaba con tomar para el a parte das colleitas que necesitaba para alimentarse, senón que, ademais, adoitaba arrasar o que non comía. As súas tropelías sumiran na máis absoluta miseria aos esforzados campesiños que morrían de fame ou a mans daquela terrible criatura cando se enfrontaban a el. 

Aquelas pobres xentes, fartas de sufrir as fechorías do despiadado ogro, pediron axuda ao heroe Hércules, quen acudiu a socorrelos.

Durante moitos días enfrontáronse sen que a loita parecese ter fin. A terra tremía e tremía. En varias ocasións pareceu que algún dos contrincantes chegara ao límite das súas forzas, pero, empurrados por misteriosas enerxías, recuperábanse e a loita seguía con maior ferocidade aínda. 

Hércules, finalmente, gañou a Xerión. Unha vez abatido o xigante cortoulle a cabeza e soterrouna baixo unha grande torre. 

Esta construción, desafiando ao tempo, perdura ata os nosos días como símbolo da cidade de A Coruña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario