viernes, 28 de abril de 2017

Semana do Libro. 1º e 2º.

O día 23 de abril celébrase en todo o mundo o "Día Internacional do Libro". Trátase dunha data simbólica para a literatura universal por coincidir nela o falecemento de Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Igualmente conmemórase o nacemento ou morte doutros escritores relevantes.

No colexio de Maciñeira celebramos a Semana do Libro. Ao longo da mesma os/as alumnos/as de 1º e 2º participaron en distintas actividades de animación á lectura como ler distintos libros ao aire libre no patio, escoitar o conto "O cociñeiro Martiño" dramatizado polo seu autor Iago López ou intercambiar libros con outros/as compañeiros/as na "III Feira do Libro de Maciñeira".

"Hora de ler" ao aire libre no noso patio

Sesión de contacontos 


          

Escollimos na feira os libros infantís que máis nos gustaron:

III Feira do Libro de Maciñeira 


No hay comentarios:

Publicar un comentario