viernes, 21 de abril de 2017

Unha árbore xigante: a secuoia.1º.

A secuoia é unha árbore de folla perenne.

Medra en grupos. 

Nos seus lugares de orixe (en América), con clima temperado e humidade, pode ter un tronco de 8 metros de diámetro e chegar aos 145 metros de altura. Así que é xigante coma un rañaceos e para abrazala necesitaríanse máis de 30 nenos e nenas collidos/as das mans formando unha roda ao seu redor.

É das árbores máis altas do noso planeta e tamén das máis vellas: algunhas delas superan os 2000 anos de idade!. 

Nos troncos dalgunhas secuoias abríronse túneles polos que atravesan estradas con tráfico.

Túnel no tronco dunha secuoia


No hay comentarios:

Publicar un comentario