lunes, 30 de enero de 2017

Día da Paz. 30 de xaneiro. 1º e 2º.


Hoxe celebramos no colexio o "Día da Paz" con diversas actividades:

Entre todos/as os/as alumnos/as das diferentes clases montamos un "arco da vella" con distintos motivos relacionados coa canción "What a Wonderful World" (corazóns, flores, soles, mans, árbores, nubes e siluetas de nenos/as).



Desde as 10 da mañá seguimos na aula o programa de radio da emisora "Radio Belelle" no que tamén participamos coa lectura do conto "A galiña azul", de Carlos Casares.

Despois do recreo reunímonos no patio cuberto para cantar xuntos/as unha versión da canción "What a Wonderful World", de Louis Armstrong.



No hay comentarios:

Publicar un comentario