sábado, 3 de diciembre de 2016

Visita a Alcampo Ferrol. 1º e 2º

O pasado mércores 30 de novembro os/as alumnos/as de 1º e 2º de E. Primaria visitamos as instalacións do hipermercado Alcampo de Ferrol.

Alí explicáronnos como se organizaban os produtos á venda en diferentes espazos e seccións; camiñamos polos distintos corredores nos que vimos o traballo dos/as repoñedores/as con traspalés e escadas; amosáronnos as "caixas amigas" nas que nós mesmos/as podemos pasar os códigos de barras polo lector e pagar; detivémonos na sección de froitaría para observar distintos tipos de froitas - tamén as tropicais -, verduras e hortalizas; visitamos a sección de produtos cárnicos, a pescadería e a panadería. 

Tivemos a oportunidade de acceder con máscaras a zonas restrinxidas ao público para observar as cámaras frigoríficas, a máquina de envasado e etiquetado de carne, os fornos, etc.

Todos/as os/as traballadores/as que nos atenderon foron moi amables connosco en todo momento e ao final da visita obsequiáronnos con pan, chocolatinas, zume, churros, unha bolsiña con xoguetes e un tempo para desfrutar cos/as compañeiros/as no parque de bólas.  




         


         

No hay comentarios:

Publicar un comentario