O Magosto ou "castañada" é unha festa tradicional que se vén celebrando desde hai moitos séculos en moitas zonas do norte da Península.
O termo "magosto" pode provir de "Magnus Ustus" ("gran lume", en latín) ou "Magum Ustum" (lume máxico, en latín).
Os elementos principais desta festa son as castañas e o lume.
Desde tempos prehistóricos os seres humanos alimentábanse de castañas e landras. Despois, coa expansión do cultivo de castaños polos romanos, este froito pasou a ser a base da alimentación da poboación - ben fresco ou seco ou ben moído para facer fariña -.
Tradicionalmente, nos días comprendidos entre o 1 de novembro (Todos os Santos) e o 11 de novembro (San Martiño) - aínda que tamén podíanse escoller outras datas próximas - facíase unha fogueira sobre a que se colocaba un recipiente de castañas ás que previamente se lles realizara un corte co fin de que non saltasen. Era común nesta festa tisnar a cara con cinza, saltar a fogueira, organizar xogos populares, contar historias, cantar cancións típicas e comer as castañas asadas.
Desde a área de Educación Artística estamos decorando con motivos outonais uns recipientes realizados con tetrabriks de leite forrados con papel para botar as castañas asadas. Reservaremos unhas cantas castañas recollidas o día da visita pola nosa vila para poder prantalas máis adiante nun recipiente e observar como nacen e medran os castiñeiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario