O venres 28 de outubro celebramos no cole a "Festa do Samaín" para a cal xa nos viñemos preparando nos días anteriores (decorando a aula con vinilos e pegatinas de distintas personaxes, coloreando debuxos relacionados co tema para poñer na cortiza de fóra e no papel que cubría a mesa de exposición das cabazas que os/as nenos/as fixeron na casa coas súas familias, facendo as nosas propias cabazas de papel maché, escoitando contos de medo...).
Moitos/as alumnos/as acudiron disfrazados ese día e así participaron nas diferentes actividades programadas: percorrido polas dúas mesas de exposición de cabazas para ver o que fixeron outros/as compañeiros/as; escoita dun conto na clase; entrega de premios ás cabazas máis votadas; "obradoiro de maquillaxe" e "túnel do terror" - ámbalas dúas organizadas polas familias -; entrega de diplomas pola súa participación a todos/as os/as nenos/as que trouxeron unha cabaza de casa; xogo libre no patio e unha sesión de cine na biblioteca (xunto cos/as compañeiros/as de segundo curso) con flocos de millo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario