domingo, 30 de octubre de 2016

AULA DE 1º E 2º. POLA NOSA VILA.

O martes 25 saímos do colexio ás 9:30 cara ao muíño “Do Cubo”, onde nos esperaba Eduardo,o dono, que amablemente nos explicou o seu funcionamento. Despois tomamos algo no parque de Sta. María e xa seguimos pola rúa Real ata o Concello, onde fomos recibidos polo alcalde Angel Alvariño que foi entrevistado polos alumn@s e con afabilidade respostou todas as  preguntas. Grazas aos dous, Eduardo e Angel, por ensinarnos diferentes aspectos da nosa vila.

Xa de volta, fixemos un bonito tramo pola beira do río Belelle e chegamos ao colexio á 1:30. Foi unha boa camiñata! Aprendimos cousas dun xeito diferente, en contacto coa realidade! 



No hay comentarios:

Publicar un comentario